Probabilidade

A probabilidade é a rama das matemáticas que achega descricións numéricas da facilidade de que ocorra un suceso, ou como de posible é que unha proposición sexa verdadeira. A probabilidade dun suceso é un número entre 0 e 1, onde, falando rápido, 0 indica a imposibilidade do suceso e 1 indica a certeza. Cando maior é a probabilidade dun suceso, é maior a facilidade de que ocorra. A teoría da probabilidade úsase cumpridamente en áreas como a estatística, a física, a matemática, a ciencia e mais a filosofía para tirar conclusións sobre a probabilidade de sucesos potenciais e a mecánica subxacente de sistemas complexos.


Developed by StudentB